SALAMANCA, 01/02 DE MAIO 2010

 

CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL E CADETE DE JUDO

A SELECCIÓN GALEGA DE JUDO ACADA SEIS MEDALLAS: DOUS OUROS, DÚAS PRATAS E DOUS BRONCES E O TERCEIRO POSTO POR AUTONOMIAS NA CATEGORÍA FEMININA CADETE


O Pavillón Multiusos Sánchez Paraiso en Salamanca foi o escenario escollido polo Consello Superior de Deportes para a realización do Campionato de España Escolar, categoría infantil e cadete masculina e feminina, á que acudiron os oito mellores judokas galegos de cada peso e categoría que se clasificaron en primeiro lugar nos Campionatos de Galicia.

A Selección Galega callou unha boa actuación ao lograr un total de seis medallas na categoría cadete, dous ouros, dúas pratas e dous bronces, e a terceira praza por autonomías na categoría feminina cadete.

Os medallistas galegos en Salamanca foron: (VER CADRO)

Con estes resultados Galicia consegue manter no ranking nacional da categoría cadete a 5 deportistas con opcións de participar no Campionato de Europa que se celebrará na República Checa os días 24-27 de xuño e nos Xogos Olímpicos da xuventude que se disputarán en Singapur do 20 ao 25 de agosto.
Unha excelente tempada xa que os judokas galegos lograron un total de 34 medallas nas fases finais dos Campionatos de España disputados desde o mes de xaneiro, 11 de ouro, 8 prata e 15 de bronce, superando así os magníficos resultados da pasada tempada.